alá

alá

(< lat ad illac)

  1. adv

    Forma que indica un lugar afastado e impreciso con respecto ao falante. Inclúese dentro do grupo dos adverbios absolutos, en oposición á forma acá, deíctica de proximidade. Realza a acción anteposta ao verbo. Ás veces pode indicar ausencia de desprazamento.

    Ex: Vai alá e que che dean o que lles pedín. Alá irei a festexalo. Por alá van todos os da procesión. 

    Confrontacións: acolá, alí, aló.
  2. adv

    Elemento gramatical que serve para indicar un tempo distanciado, tanto no pasado coma no futuro.

    Ex: Convocarán as probas alá para o dez de outubro.

    Confrontacións: aló, entón.

Frases feitas

  • Alá ti/alá el. Desinterese sobre o que faga outra persoa. Ex: Alá eles se o queren facer así.

  • Alá vai a festa! Expresión utilizada para indicar que as cousas non saíron coma un pensaba.

  • Alá vai canto Marta fiou!/Alá vai o burro coas noces! Indica que algo se botou a perder.

  • Alá vai María, que chove! Expresa esaxeración.

  • Máis alá de. Cantidade indeterminada. Ex: Non había máis alá de cen persoas no concerto.

  • O máis alá. O outro mundo. Ex: As meigas comunícanse con seres do máis alá.

Palabras veciñas

ala | alá | Alá | alá | ala! | Alabama | Alabama, Cuestión de