"Alagón" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • RIOS

    Río da Península Ibérica, afluente pola dereita do Texo. Nace na serra da Peña de Francia e baixa pola Vega de Coria ata desembocar preto de Alcántara logo dun percorrido de 209 km. Ao longo do seu curso atópanse os encoros de Gabriel e Galán e de Valdeobispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, na Comunidad de Aragón, situado entre o Ebro e o Xalón (5.595 h [1996]). Agricultura de regadío e industias de transformación (azucre, fariña). Cidade musulmana, foi conquistada por Afonso I de Aragón en 1119.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Mistretta, Mestre Xusticeiro (1355) e Vigairo Xeral de Sicilia. Contribuíu á restauración da illa durante o Reinado de Federico III o Simple, á morte do cal (1377) foi un dos catro vigairos que administraron a illa en nome da súa filla, a Raíña María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Santo (Zaragoza 1553 - ? 1593) Nobre aragonés, camarlengo de Carlos I e Felipe II, terceiro conde de Sástago e Vicerrei de Aragón (1553-1588). Durante a súa carreira acentuouse o antagonismo entre a poboación pirenaica e os mouriscos das chairas da beira do Ebro. É autor dalgúns escritos de tema espiritual, entre os que destaca Concordia de las leyes divinas y humanas y desengaño de la inicua ley de venganza (1593).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado no ano 1136 na vila aragonesa de Alagón entre Afonso VII e Ramiro II de Aragón. Este, que quería evitar a desmembración do reino a raíz do testamento de Afonso I, ofreceu en feudo o Reino de Zaragoza ao rei castelán, que non aspiraba ao dominio. O nacemento dunha herdeira, Peronella, e a oposición dos nobres ás pretensións de Afonso VII obrigan a este, nun novo tratado, a quedar unicamente con Calatayud, Soria e Alagón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao N do río Guadiana, nos Montes de Toledo (8.033 h [2001]). Posúe agricultura de secaño e de regadío e a gandería lanar ten certa importancia. A industria é principalmente alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO