Alagón, Tratado de

Alagón, Tratado de

Tratado asinado no ano 1136 na vila aragonesa de Alagón entre Afonso VII e Ramiro II de Aragón. Este, que quería evitar a desmembración do reino a raíz do testamento de Afonso I, ofreceu en feudo o Reino de Zaragoza ao rei castelán, que non aspiraba ao dominio. O nacemento dunha herdeira, Peronella, e a oposición dos nobres ás pretensións de Afonso VII obrigan a este, nun novo tratado, a quedar unicamente con Calatayud, Soria e Alagón.

Palabras veciñas

Alagón | Alagón, Artal de | Alagón, Artal de | Alagón, Tratado de | Alain | Alain, Jehan | Alain, Marie Claire