Alagón, Artal de
Alagón, Artal de
o Santo (Zaragoza 1553 - ? 1593) Nobre aragonés, camarlengo de Carlos I e Felipe II, terceiro conde de Sástago e Vicerrei de Aragón (1553-1588). Durante a súa carreira acentuouse o antagonismo entre a poboación pirenaica e os mouriscos das chairas da beira do Ebro. É autor dalgúns escritos de tema espiritual, entre os que destaca Concordia de las leyes divinas y humanas y desengaño de la inicua ley de venganza (1593).