"Alberte" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 42.

  • o Magno ou o Grande, santo (Lauingen, Suabia 1200 - Colonia 1280) Sabio e filósofo alemán. Membro da orde dos dominicos (1223), foi Bispo de Ratisbona (1260). Tivo un papel destacado no Concilio Ecuménico de Lión (1274). Defendeu en París as doutrinas do seu discípulo Tomás de Aquino (1277). Diante da filosofía greco-árabe adoptou ao tempo unha actitude de asimilación e de crítica. O estudo do aristotelismo e a crítica do averroísmo inspiroulle a distinción entre filosofía e teoloxía, que supoñía a delimitación entre razón (válida para as cuestións terreais) e revelación (cuestións teolóxicas). Interesouse pola astronomía e a química, supoñéndoselle o illamento do arsénico (1250). As súas obras máis importantes recompílanse na Summa de creaturis, na Summa theologiae e nos comentarios nas Sentències de Pere Llombard. Doutor da Igrexa, recibe o alcume de Doctor Universalis. É patrón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiduque de Austria, fillo do Emperador Maximiliano II. Foi educado na corte de Filipe II, que o designou Cardeal (1577) e Arcebispo de Toledo (1584). Vicerrei de Portugal (1587), que defendeu contra os ingleses, e gobernador dos Países Baixos (1591). Na Paz de Vervins decidiuse o seu casamento con Isabel Clara Uxía, filla de Filipe II e soberana dos Países Baixos católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe elector e Arcebispo de Maguncia (Alberte IV, 1514-1545) e Cardeal (dende 1518). Fillo do elector Xoán I Cicerón de Brandenburgo. Interveu directamente na cuestión suscitada polas indulxencias, un dos motivos máis inmediatos do principio da Reforma protestante, na que se mostrou moderado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prelado e misioneiro alemán. Bispo de Letonia (1198), fundou Riga poboándoa de alemáns. Para protexer o Cristianismo en Estonia, Livonia e Letonia, obtivo do Papa Inocencio III no 1204 a fundación da Milicia do Cristo, popularmente coñecida como ‘Cabaleiros Portaespadas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de Godofredo III, duque de Lorena, e de Margarida de Limburgo, foi Bispo de Liexa (1191) e Cardeal. Por mandato do Emperador Enrique IV morreu asasinado en Reims; o corpo levárono a enterrar a Bruxelas. A súa festividade celébrase o 21 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Discípulo de Jean Buridan, continuou as súas investigacións sobre a “Teoría do ímpeto”. Foi profesor e reitor nas universidades de París e Viena, e Bispo de Halberstadt dende o ano 1366.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe consorte da Gran Bretaña (1857), segundo fillo do duque Ernesto de Saxonia-Coburgo-Gotha. Estudiou en Bruxelas e en Bonn. Casado (1840) coa raíña Victoria, curmá súa, influíu nos asuntos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Carmelita que, segundo a tradición, salvou a cidade de Mesina da fame ao facer entrar no porto tres navíos cargados de víveres. A súa festividade celébrase o 7 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tamén chamado beato de Vercelli, foi Bispo de Bobbio e de Vercelli (1184), amais de Patriarca latino de Xerusalén (1204). Protexeu os carmelitas e morreu asasinado. A súa festividade celébrase o 5 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1298-1308) da familia dos Habsburgo, primoxénito de Rodolfo I, Duque de Austria (1282-1308), duque de Estiria e do Landgraviato de Alsacia. Arrebatou a dignidade imperial a Adolfo de Nassau, vencido e morto en Gölheim (1298). O Papa Bonifacio VIII recoñeceuno Emperador ata que desfixo a alianza con Filipe IV o Belo (1302). Morreu asasinado por Xoán de Suabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe Elector de Brandenburgo (1470-1476), fillo do Elector Federico I, á morte do cal herdou o margraviado de Ansbach (1440). Loitou contra Baviera, Bohemia e o Palatinado. No 1464 herdou o margraviado de Bayreuth-Kulmbach e no 1470 obtivo a marca e o título de Elector de Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bélxica (1909-1934). Segundo fillo de Filipe, conde de Flandres, sucedeu ao seu tío Leopoldo II (1909). Membro do senado (1893-1898), casou con Elisabeth de Wittelsbach (1900). Encabezou as tropas belgas a raíz da ocupación de Bélxica por Alemaña (1914), tendo que trasladar o seu goberno a Le Havre, onde colaborou cos aliados. Creou a Academia Real da Lingua e da Literatura Francesas (1920). Durante o seu reinado implantouse o sufraxio universal (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Oso (? 1100 - 1170) Margrave de Brandenburgo, conde de Ballenstedt. Recibiu de Lotario II a marca do Norte (1134). Designado herdeiro de Brandenburgo por Pribizlav, príncipe eslavo (vend), confirmou esta posición ao vencer o vend Zeczo Köpenic (1157). Colonizou o L con holandeses e flamencos e fundou Stendal (1151).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Mónaco, de nome Honoré Charles Grimaldi. Estudiou oceanografía e organizou expedicións científicas polo Atlántico e o Mediterráneo. Fundou o Museo Oceanográfico de Mónaco (1899) e o Instituto Oceanográfico de París (1906). Baixo a súa dirección elaboráronse unha serie de mapas batimétricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro Duque de Prusia (1525-1568) e último Gran Mestre da Orde dos Cabaleiros Teutónicos (1511-1525). Converteuse ao protestantismo, secularizou Prusia e fíxoa un ducado herdeiro baixo a soberanía de Polonia (1525). No 1544 fundou a Universidade de Königsberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1363-1389). Duque de Mecklenburg-Schwerin, fillo do Duque Alberte II. No 1363 derrocou o seu tío Magnus e abrigouno a renunciar a el e o seu fillo Haakon II ao trono sueco no seu favor. Margarida, Raíña de Noruega e viúva de Haakon II, invadiu Suecia e desposuíuno (1389).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1438-1439), Duque de Austria (Alberte V, 1404), Rei de Hungría (1437) e de Bohemia (1437). Fillo do Duque Alberte IV de Austria, casou (1422) con Elisabeth, filla do Emperador Segimon, a quen sucedeu en Hungría e en Bohemia, onde non foi aceptado polos húsares, aos cales combatera. Loitou contra os turcos otomanos e morreu cando batallaba contra Murad II.

    VER O DETALLE DO TERMO