"Aleixo" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Aléxios ( ἀ λέξιος) ‘defensor, protector’. Popularizouse na Idade Media por mor do santo que levaba este nome. A festividade de santo Aleixo (ss IV-V) celebrábase, nun principio, o 17 de febreiro; sen embargo, a reforma litúrxica posterior ao concilio Vaticano II eliminouno do calendario litúrxico universal. Este nome presenta como variante Alexo e como hipocorístico Leixo. Na tradición oral recóllense cantigas como: “Estar coma san Aleixo baixo a esqueira, díselle a quen está engruñado nun sitio estreito”.
-
PERSOEIRO
Nome co que é coñecido Sergej Vladimirovic Simanskij, Patriarca de Moscova e de toda Rusia (1945). Foi Bispo de Tikhvino e Auxiliar de Novgorod en 1913. Vinte anos máis tarde foi elixido Bispo metropolitano de Leningrado. Dirixiu unha nova edición en ruso da Biblia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1081-1118). Fillo do Comandante en Xefe da garda palatina, Xoán Comneno I, e neto do Emperador Isaac I. Cos seus irmáns, opostos aos Ducados, impúxose na revolta do 1081, que levou a Aleixo ao trono. Bo militar e diplomático, conseguiu remontar o Imperio. Acadou a submisión de Bitinia (1081). Loitou tamén contra o normando da Apulia Robert Giscard, que invadira o Epiro; a Tracia, contra os tártaros (1091), e Asia Menor, contra os turcos seliúcidas. Pactou con Venecia e Pisa, feito que iniciou a prosperidade das repúblicas italianas no Oriente Medio. Atacou os herexes bogomís e cargou a Igrexa de impostos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1645-1676), de nome Aleksej Mikhajlovič Romanov. Fillo de Miguel I, primeiro Tsar da familia Romanov. Decretou o Código de Sobor (1649), que lle deu forma xurídica ao sistema de servidume e que satisfaceu os propietarios rurais. Promotor da guerra contra Polonia (1652-1667), Aleixo anexionou a Rusia Smolensk e toda a Ucraína oriental con Kiev. En Asia, o imperio chegou ata ao Pacífico, salientando o proceso colonizador de Siberia. Principiou unha política de reforma intelectual, dificultada durante os seus últimos anos, bastante axitados polo Cisma de Raskol e a revolta cosaca de Stenka Razin (1668-1671). O Reinado de Aleixo marcou o paso ao estado centralizado e absoluto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (? 1180 - 1222) Emperador (1204-1222) da dinastía Comneno de Trebisonda. Sobriño de Andrónico I, Emperador de Bizancio, e fillo do Sebastocrator Manuel. Trala toma de Constantinopla polos cristiáns de Occidente, fundou o Imperio de Trebisonda. Loitou contra os cristiáns da Asia Menor, os bizantinos de Nicea e os turcos do Sultanato de Rum.
-
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1180-1183). Fillo de Manuel I e de María de Poitiers-Antioquía. No 1180 casa con Agnes (ou Ana) de Francia, filla de Luís VII. Á morte de seu pai no 1180, foille encargada a rexencia á súa nai. Andrónico, igual que Manuel I, entrou en Constantinopla, asasinou a rexente e Aleixo foi proclamado Emperador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador da dinastía Comneno de Trebisonda (1927-1330). Fillo de Xoán II e de Eudosia Paleólogo. Durante o seu reinado os turcos foron derrotados en Kerasont (1302). En 1314 outorgoulles privilexios aos venecianos co fin de contrarrestar o predominio comercial dos xenoveses. No seu reinado, Trebisonda acadou o seu máximo esplendor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1195-1203). Irmán e sucesor de Isaac II, ao que destronou coa axuda da nobreza e do exército. No 1203 foi destronado polo fillo de Isaac II, Aleixo (que gobernou como Aleixo IV Anxo), quen se unira cos cabaleiros da cuarta cruzada e cos venecianos na toma de Constantinopla. Aleixo III partiu para Tracia e pasou a Asia Menor, pero inimizouse co Emperador de Nicea, Teodoro I Lascaris, que o fixo prisioneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador da dinastía Comneno de Trebisonda (1349-1390). Fillo de Basilio. Chamado Xoán, cambiou o seu nome polo de Aleixo. Casou en 1351 con Teodora Cantacuze, sobriña do Emperador de Bizancio Xoán VI. Reprimiu os complots da aristocracia, loitou contra os turcos e aumentou os privilexios de Venecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Coemperador bizantino (1203-1204), fillo do Emperador Isaac II. Á caída do seu pai (1195) foi apresado polo seu tío, Aleixo III. No 1203 aliouse cos xefes da cuarta cruzada para que lle axudasen a restaurar a Isaac II no trono. Os cruzados tomaron Constantinopla (1203), repuxeron a Isaac II e nomearon Coemperador a Aleixo. Foi derrocado por Alexandre V Ducas, o Murzufle. Morreu afogado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador Comneno de Trebisonda (1417-1429). Combateu contra os xenoveses e mantivo boas relacións con Venecia. Foi asasinado na revolta do seu fillo Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Murzufle (? - ? 1204) Emperador de Bizancio (febreiro-abril 1204). Alto funcionario de palacio, casado con Eudosia, filla do emperador Aleixo III Comneno. Foi proclamado a raíz da revolta de Constantinopla contra os cruzados e os emperadores Isaac II e Aleixo IV Anxo. Cando os cruzados tomaron Constantinopla refuxiouse en Tracia, protexido polo seu sogro. Morreu a mans dos latinos, que o tiraron dende o alto da estatua de Teodosio en Constantinopla.
-
PERSOEIRO
Segundo a tradición, era fillo dun patricio romano que, no mesmo día do seu casamento, decidiu abandonar a súa noiva, repartir os seus bens entre os pobres e marchar en peregrinación á Terra Santa para vivir mendigando á porta das igrexas. Outra lenda conta que volveu a Roma, logo dunha longa ausencia, e pasou os últimos anos da súa vida baixo unha escaleira de entrada á propia casa paterna, sen ser recoñecido polos seus; polo que recibiría o alcume de o pobre da escaleira. Outro motivo envolto na lenda deste santo é “o milagre da carta” segundo o cal, o Papa Bonifacio I advertido por unha visión, dirixiuse á casa paterna de Aleixo e atopouno morto ao pé da escaleira apretando unha carta cos seus dedos. Ninguén se atreveu a arrincarlla, pero ao lle dar a beizón, o morto abriu os dedos e polo papel coñeceuse a súa identidade. Os familiares, que agardaran sempre a súa volta, quedaron abraiados ao recoñecer o cadáver, tarde de máis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo metropolitano de Moscova. Consagrado por Filoteo, Patriarca de Constantinopla en 1354, ocupou a Sé moscovita. Foi rexente do Estado durante o reinado do Gran Duque Iván II e a minoría de idade do seu fillo Demetrio, sobre os que exerceu unha grande influencia nos conflitos xurdidos coas casas rivais salvagardando sempre a primacia de Moscova. En gran medida foi o artífice da alianza entre a Igrexa e o Estado. Semella que curou dunha cegueira á filla do Kan da Horda de Ouro, polo que adquiriu entre os tártaros un prestixio que aproveitou, en varias misións, para servir aos intereses rusos. Foi canonizado en 1449, cando a Igrexa rusa xa era independente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto neoclásico que exerceu como arquitecto municipal da Coruña no primeiro terzo do século XIX. A súa concepción arquitectónica quedou perfectamente exposta na capela do cemiterio da Coruña (1834).
VER O DETALLE DO TERMO