"Alesia" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CIDADES
Cidade fortificada dos galos, na cima dos Auxois (Les Laumes, Borgoña), último punto de resistencia das tropas de Vercinxetórix perante as lexións romanas ao mando de Xulio César. A caída de Alesia, no ano 51 a C, permitiu aos romanos o dominio das Galias. O lugar foi identificado e escavado no s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro do instituto feminino, con nome de Fillas de María Auxiliadora, orixinado pola transformación da Pía Unión de Fillas da Inmaculada fundada en Mornese (Piemonte) por Domenico Pestarino en 1855, como rama feminina dos salesianos, dirixida por san Xoán Bosco en 1872 e aprobada por Pío X en 1911. Foi cofundadora e superiora xeral Maria Domenica Mazzarello.
-
-
Relativo ou pertencente a san Francisco de Sales, aos salesianos ou ás salesianas.
-
Membro da congregación relixiosa fundada en Turín por san Xoán Bosco en 1859 como Sociedade de San Francisco de Sales. Recoñecida por Pío IX en 1864, as súas Constitucións foron aprobadas en 1874. Naceu coa finalidade de educar cristianamente á xuventude pobre. Estendeuse por toda Europa e América Latina e a primeira casa en España foi o colexio de Utrera (1881). A actividade salesiana foi moi grande durante o primeiro século da súa existencia a través das escolas populares e profesionais e os oratorios festivos.
-