"Alexis" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo grego, un dos representantes máis característicos da chamada comedia media. Da súa produción (cerca de 250 obras teatrais) só se conservan fragmentos illados; algúns deles foron publicados por Kock en Comicarum atticarum fragmenta (Leipzig, 1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista haitiano de lingua francesa. Seguidor da corrente indixenista. Autor, entre outras, das novelas Compère général soleil (1955), Les arbres musiciens (1956) e Romancero aux étoiles (1960) no que, cun estilo rico e poético, trata a situación social do home negro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés, gran defensor do Naturalismo. É famosa a súa resposta telegráfica a unha enquisa do diario Le Figaro, no 1891: “Naturalisme pas mort. Lettre suit”. Cultivou tamén o teatro e a novela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilhelm Häring.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo e cirurxián francés. Licenciouse e doutorouse na Universidade de Lyon e, posteriormente, traballou na Universidade de Chicago (1905) e no Rockefeller Institute de Nova York (1906). Entre os seus traballos sobre fisiopatoloxía e cirurxía experimental, cómpre destacar os dedicados ás suturas e aos enxertos das arterias, ao cultivo de tecidos in vitro, realizados xunto con Montrose Thomas Burrows, ao transplante de órganos (1908) e á desinfección das feridas de guerra (método de Carrel-Dakin). É autor, entre outras obras, de L’homme, cet inconnu (O home, ese descoñecido, 1935). Foi galardoado co Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1912.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo. Ingresou na Académie des Sciences no ano 1731 polo seu traballo, realizado aos dezaseis anos, sobre liñas de dobre curvatura. En 1736 participou na expedición, dirixida por P. L. de Maupertuis, a Laponia, para medir un grao de meridiano. Defendeu a hipótese do achatamento polar do globo terráqueo, a consecuencia das medidas dos meridianos, e remarcou que a Terra está formada por capas que están máis achatadas canto máis afastadas estean do centro. En 1758 calculou a data de retorno do cometa Halley. Entre as súas obras cómpre destacar Recherches sur les courbes à double courbure (Investigacións sobre as curvas na dobre curvatura, 1731), Théorie de la figure de la terre (Teoría da figura da Terra, 1743) e Théorie de la lune (Teoría da Lúa, 1752).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Jean Gabin, foi o prototipo de home duro e un destacado intérprete do inspector Maigret, como en Maigret voit rouge (1963). Cómpre salientar os filmes La nuit est mon royaume (premio ao mellor actor en Venecia, 1951), Touchez paus au grisbi (1954, premio ao mellor actor en Venecia), Archimède, le clochard (1959, Silberner Bär en Berlín), Le chat (1971, Silberner Bär en Berlín) e L’année sainte (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Foi profesor na École Polytechnique de París. As súas investigacións sobre a calor específica de diferentes metais levárono a formular, xunto con P. L. Dulong, a lei de Dulong-Petit.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e diplomático francés. Coñecido como Saint-John Perse, serviu en diferentes postos políticos (1914-1940), ata que decidiu exiliarse en EE UU (1940-1957). A súa obra poética recibiu a admiración de moitos autores pola súa precisión e pureza, nun marco de certa dificultade. É autor de Eloges (1911), Anabase (1924), Exil (1942), Pluies (1944), Neiges (1944), Vents (1946), Amers (1957) e Chronique (1960). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, pensador e escritor, señor de Tocqueville. Deputado (1839-1848) e ministro de Asuntos Estranxeiros (1848), foi un dos teóricos principais do liberalismo político. Defendeu a democracia como motor da nivelación social. Destacan as obras Du système pénitentiaire aux États Units et son application en France (1835-1840) e L’Ancien Régime et la Révolution (1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Celso Emilio Ferreiro Míguez.