Clairaut, Alexis Claude

Clairaut, Alexis Claude

Matemático e astrónomo. Ingresou na Académie des Sciences no ano 1731 polo seu traballo, realizado aos dezaseis anos, sobre liñas de dobre curvatura. En 1736 participou na expedición, dirixida por P. L. de Maupertuis, a Laponia, para medir un grao de meridiano. Defendeu a hipótese do achatamento polar do globo terráqueo, a consecuencia das medidas dos meridianos, e remarcou que a Terra está formada por capas que están máis achatadas canto máis afastadas estean do centro. En 1758 calculou a data de retorno do cometa Halley. Entre as súas obras cómpre destacar Recherches sur les courbes à double courbure (Investigacións sobre as curvas na dobre curvatura, 1731), Théorie de la figure de la terre (Teoría da figura da Terra, 1743) e Théorie de la lune (Teoría da Lúa, 1752).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso