Orcomen

Orcomen

Antiga cidade grega de Beocia, preto de Orkhomeno. Habitada en tempos prehistóricos, na época micénica adquiriu un gran desenvolvemento. A partir dos ss VIII-VII a C, pasou a ocupar o segundo lugar na Liga Beocia, despois de Tebas, ante a que sucumbiu en 368 a C. Na época romana, Sulla derrotou as forzas de Mitridates VI (68 a C).

Palabras veciñas

orcinol | Orcinus | orco | Orcomen | ordalía | Ordás Pérez, Amando | Ordás, Diego de