"Algarve" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
REXIÓNS
Rexión histórica do extremo S de Portugal que corresponde co actual distrito de Faro (4.986 km2; 342.000 h [estim 1992]). Limita ao S e ao O co océano Atlántico e ao L con Andalucía (España) por medio do río Guadiana. Atópase separado do Baixo Alentejo e do resto de Portugal polas serras de Monchique (902 m de alt), ao O, e de Caldeirão (589 m de alt), ao N. Divídese en Alto Algarve e Baixo Algarve. Na Idade de Bronce tiña unha cultura propia (Bronce Meridional Portugués). Despois da conquista romana pasou a formar parte da provincia da Lusitania. No s XI, existían as pequenas Taifas de Silves e do Algarve, ambas absorbidas pola de Sevilla; a de Silves reapareceu no s XII. O Algarve foi incorporado ao Reino de Portugal por Afonso III no ano 1249, e foi asegurado para o reino luso polo Tratado de Alcañiz (1297). Os portugueses distinguiron entre o Algarve aquenmar e o Algarve alenmar (no litoral marroquino). O herdeiro da Coroa portuguesa ostentaba o título de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado a miúdo a un tipo de escritura antiga de orixe prerromano, da que se teñen atopado exemplos ao S de Portugal, de Beja ata o Algarve, así como un exemplo en Alcalá del Río, Sevilla. É un sistema mixto, de signos alfabéticos e silábicos, feito que o fai semellante aos sistemas de escrita denominados “ibéricos”. Semella que foi usada entre os ss IV e I a C.