"Almagro" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (8.436 h [1996]). Cómpre salientar entre o Patrimonio Cultural desta vila o Corral de Comedias do s XVII, que mantén a tipoloxía dos antigos teatros barrocos, o convento de dominicos (s XVI) e o Teatro (s XIX), onde se conserva o vestiario empregado en diversas funcións que alí tiveron lugar. A tradición teatral mantida nesa vila nos últimos tres séculos fixo posible a creación, alí mesmo, do Museo Nacional do Teatro (cun centro de estudios teatrais) e a celebración do Festival Internacional de Teatro Clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Catedrático de Prehistoria e Arqueoloxía nas Universidades de Barcelona e de Madrid. Foi director do Museu d’Arqueologia de Barcelona e, posteriormente, do Museo Arqueológico Nacional. Dende 1939 ata 1953 dirixiu as escavacións de Empuries, xacemento catalán con tres sectores ben diferenciados (dous gregos e un romano), sobre as que publicou un estudo epigráfico, Las inscripciones ampuritanas griegas, ibéricas y latinas (1952), e unha ampla memoria, Las necrópolis de Ampurias (1953, 1955). Foi tamén autor dun libro de síntese, moi difundido nas universidades españolas entre 1960 e 1980, titulado Manual de historia universal I. Prehistoria (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar castelán, conquistador do Perú e Chile. No ano 1524 acompañou a Francisco de Pizarro no descubrimento e conquista das terras das Indias meridionais. Produciuse un enfrontamento entre Almagro e Pizarro, que se agravou pola fundación de Cuzco. No 1533 Pizarro enviouno á exploración e conquista das terras do sur de Cuzco; atravesou todo o altiplano andino (hoxe Bolivia), ao S do lago Titicaca, e chegou ata Copiapó, na costa chilena. Cando volveu a Chile principiou unha oposición aberta entre os partidarios de Almagro e os de Pizarro que culminou no 1538 co aprisionamento e a decapitación de Almagro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Mozo (Panamá 1520? - Cuzco 1542) Fillo do conquistador castelán Diego de Almagro. Mestizo, no 1541 preparou un complot contra Francisco Pizarro, compañeiro e responsable da morte do seu pai, que morreu asasinado durante unha estancia en Lima. Aclamado Gobernador de Chile (1541-1542), a chegada do visitador Vaca de Castro, nomeado gobernador lexítimo e en coalición cos pizarristas, determinou a derrota dos seguidores dos Almagro, chamados “chilenos”, na Batalla de Chupas. Morreu executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de artigos sobre historia política moderna e as súas relacións co pensamento e a literatura. Entre outras obras, publicou Vida y obra de Ángel Ganivet (1925), En torno al 98 (1948) e Historia política de la España contemporánea (1956). Foi membro da Academia Española e da Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO