Notornis

Notornis
[ANIMAL/ORNIT]

Xénero de aves gruiformes, da familia dos rálidos, que presentan a plumaxe de cor verde oliva co ventre de cor azulada, as patas curtas e o peteiro vermello. Son incapaces de voar. Distribúense por Nova Zelanda e durante anos pensouse que estaban extinguidos ata que se descubriu unha poboación en 1930.