notostráceo -a

notostráceo -a
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos notostráceos.

  2. s m [ANIMAL]

    Crustáceo da orde dos notostráceos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de crustáceos, da clase dos branquiópodos, que teñen a parte torácica oculta baixo un escudo dorsal inmóbil e a parte anterior do corpo cun número moi variable de apéndices, entre 35 e 70, e de 25 a 40 segmentos, o que indica que a segmentación aparente é secundaria e cada anel visible inclúe máis dun segmento. Habitan en augas doces e resisten ben a desecación temporal.

Palabras veciñas

Notornis | notosauro -ra | Notoscopelus | notostráceo -a | nototénido -da | Notothenia | notoungulado -da