notoungulado -da
notoungulado -da
(< noto- + ungulado)
-
adx
Relativo ou pertencente aos notoungulados.
-
s
m
[PALEONT]
Mamífero fósil da orde dos notoungulados
-
s
m pl
[PALEONT]
Orde de mamíferos fósiles, da subclase dos placentarios, que tiñan a rexión parietal do cranio dilatada, dentición completa e pezuños. Eran herbívoros e habitaban en América do Sur durante o Terciario.