nototénido -da
nototénido -da
(< lat científico Notothenia)
-
adx
Relativo ou pertencente aos nototénidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos nototénidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes, da orde dos perciformes, que teñen o corpo alongado, cunha boca bastante grosa, da que sae unha bárbula. Aliméntanse de peixes, crustáceos ou moluscos e atópanse nos mares fríos do hemisferio austral.