"Alor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 78.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abelorio.
-
-
de acalorar.
-
No medio dunha discusión, persoa que se alporiza con facilidade.
-
Que sofre calores.
-
-
-
Acción e efecto de acalorar ou acalorarse.
-
Conxestión periférica, sobre todo da cara, causada por unha insolación, por un exercicio excesivo, por un estado febril, ou no medio dunha discusión.
-
-
-
Irritar a unha persoa provocando a súa ira, cólera, rabia e carraxe.
-
Sufocarse unha persoa como resultado dunha insolación, dun exercicio físico excesivo.
-
Poñerse máis agresivo, especialmente cando se mantén unha disputa ou unha conversa con alguén.
-
-
-
Expresión latina que significa ‘segundo o valor’, designación dun imposto de fronteiras en proporción do valor das mercadorías declaradas.
-
Tarifa que grava as mercadorías importadas sometidas a arancel, calculada segundo o prezo que estas terían no mercado interior, en condicións de libre competencia entre un comprador e un vendedor independentes.
-
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago da Indonesia, ao N da illa de Timor, composto por dúas grandes illas, Pantar e Alor (Ombai), e outras menores. Alor, a máis grande, mide 2.330 Km2. A principal cidade é Kalabahi.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Málaga, Andalucía, na Hoya de Málaga, á beira do Guadalhorce (12.862 h [1996]). Cultivo de secaño (oliveiras e amendoeiras). Central hidroeléctrica sobre o Guadalhorce.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ocasionar tristeza ou pesar por mor dalgún problema, especialmente por estar cheo de débedas.
-
Preocuparse ou entristecerse por causa dalgún problema, especialmente por motivos económicos ou por estar cheo de débedas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Irregularidade periódica no ritmo do corazón ou do pulso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de raíces formado por un eixe principal e ramificacións laterais de ordes diferentes. É usual nas ximnospermas e nas dicotiledóneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nun endomorfismo dun espazo vectorial, cero do polinomio característico. Se f é un endomorfismo dun espazo vectorial, os autovalores de f son as solucións da ecuación polinómica en λ: det (f - λx) = 0. Tamén se chama valor propio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento da propia valía, que pode oscilar entre o sentimento de superioridade e o de inferioridade. O individuo mide as propias accións segundo o eu ideal. A autovaloración ten un gran valor psicodiagnóstico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de conidios e hifas de fungos que se desenvolven sobre materia orgánica e teñen aparencia de peluxe. SIN: mofo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Criar ou cubrirse de balor algo, xeralmente un alimento. SIN: amofarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está cuberto de balor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capital do estado de Karnataka, India, situada no altiplano do Deccán, a 900 m de altitude (4.130.288 h [1991]). Centro dunha rexión agrícola e núcleo industrial importante, foi fundada no s XVI pola dinastía de Maisuru. En 1758 converteuse en posesión de Haidar ‘Alí. En 1791 os ingleses tomaron a cidade e a restituíron o territorio de Maisuru. En 1831 converteuse en cuartel xeral da administración brítanica.
-
PERSOEIRO
Doutor en Medicina, fillo de Juan José Barcia Goyanes. Doutorouse na Universidade de València, acadou a cátedra de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela e dende 1975 ocupa a cátedra de Psiquiatría da Universidad de Murcia e o posto de xefe de servizo do Hospital General. Membro de numerosas sociedades científicas, foi presidente da Sociedad Española de Psiquiatría e do Grupo para el Progreso de la Psiquiatría. Entre os máis de douscentos traballos publicados, cómpre destacar Tratado de Siquiatría, obra que consta de tres volumes e que foi escrita en colaboración con C. Ruiz Ogarra e J. J. López Ibor. Foi o director de dúas revistas médicas sobre Psiquiatría: Anales de Siquiatría e Siquiatría Dinámica e Sicoterapia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enerxía térmica desprendida polos seres vivos que ten como fonte a actividade metabólica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medida da cantidade de calor producida polos organismos vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Proceso de transferencia de enerxía dun corpo ou dun sistema a outro como resultado da diferenza de temperatura entre ambos. Na primeira década do s XIX afirmouse que a calor consiste nun movemento das partes constituíntes dos corpos quentados. Anteriormente críase, que as manifestacións da calor se debían á acción dun fluído sutil e imponderable, o calórico. Coa axuda da teoría mecánica de Rumford, segundo a que se explica a produción de calor por frición, en 1842 Mayer estableceu definitivamente a equivalencia entre calor e traballo, e fixo os primeiros intentos de determinar o equivalente mecánico da calor, que valoraría por vez primeira Joule, influído pola obra de Sadi Carnot. Daquela quedou xa definitivamente establecido o principio da conservación da enerxía. R. J. E. Clausius, W. J. M. Rankine e W. Thomson (lord Kelvin) foron os primeiros en desenvolver, a mediados do s XIX, as ecuacións físicoquímicas baseadas na teoría mecánica da calor e crearon a termodinámica...
-
Aumento de temperatura xerado no corpo dun animal como resultado da súa actividade metabólica; a cantidade de calor producida depende da intensidade ou velocidade do seu metabolismo. A calor animal pode ser considerada desde dous aspectos: dunha banda, como unha forma final e irreversible de eliminación da enerxía transformada no organismo; doutra banda, é unha condición vital necesaria para manter a intensidade dos procesos biolóxicos e xérase mediante a oxidación das substancias nutritivas.
-
calor atmosférica
Calor debida principalmente ao Sol, pero tamén á transferencia de vapor de auga á atmosfera. Está en relación estreita coa cantidade de humidade da atmosfera e coa presenza ou ausencia de vexetación. Dispérsase por radiación cara ao espacio exterior, onde a temperatura está próxima ao cero absoluto.
-
calor atómica
Produto da calor específica dun elemento polo seu peso atómico. Segundo a lei de Dulong-Petit, é un valor constante, igual a 3R, onde R é a constante dos gases.
-
calor de activación /
Enerxía de activación.
-
calor de adsorción
Calor desprendida no proceso de adsorción dun mol de substancia sobre a superficie dun adsorbente. Distínguense a calor integral e a calor diferencial de adsorción, analogamente a como se fai no proceso de disolución. A magnitude das calores integrais de adsorción oscila entre 2 e 6 kcal/mol nos procesos de adsorción física, pero acada valores que chegan a 100 kcal/mol nos de adsorción química, de magnitude análoga ás das calores que entran en xogo nas reaccións químicas.
-
calor de transformación
Enerxía térmica necesaria para efectuar un cambio de fase dunha substancia a temperatura constante. Mídese en cal/g.
-
calor de reacción /
Enerxía térmica liberada ou absorbida en calquera proceso químico. Cando este se leva a cabo a presión constante, esta enerxía coincide coa que, en termodinámica, recibe o nome de entalpía, e cando o é a volume constante, coa enerxía interna. Segundo a natureza do proceso, a calor de reacción ten expresións propias. Así, a calor de formación dun composto é o incremento de entalpía que terá lugar cando un mol dun composto estea formado teoricamente a partir dos seus elementos en estado tipo, a unha presión e a unha temperatura determinadas; a calor de combustión, cando se queima un mol, a unha temperatura determinada e á presión dunha atmosfera; a calor de hidroxenación, cando se hidroxena un mol dun composto non saturado; a calor de neutralización, cando se neutraliza un mol dun ácido ou dunha base; a calor de disociación, cando un mol dun composto se disocia completamente nos seus átomos constituíntes; a calor de ionización,...
-
calor específica
Enerxía que ten que recibir a unidade de masa dunha substancia para que a súa temperatura se eleve unha unidade (un grao). O seu valor depende das condicións de presión e volume; xa que logo, pódense definir unha infinidade dobre de calores específicas das que normalmente só se consideran dúas: a calor específica a volume constante (Cv) e a presión constante (Cp); en xeral, esta última é sempre máis grande cá primeira. O cociente Cp/Cv represéntase pola letra γ.
-
...
-