"Amede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 38.

  • Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jules-Améde Barbey de Aurevilly.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Conde de Quaregna e de Cerreto. Dende o 1820, catedrático de Física na Universidade de Turín. As leis formuladas por Gay-Lussac (1805-1810) suxeriron a Avogadro o seu modelo dos gases, presentado no Journal de Physique (1811). As leis de Avogadro deron solución ao conflito entre a teoría atómica de Dalton e as experiencias de Gay-Lussac. As súas conclusións foron o inicio da química cuantitativa posterior. Se ben Ampère, independentemente, publicou no 1814 conclusións similares, a teoría de Avogadro non foi aceptada ata que Cannizzaro a presentou, no 1860, no congreso de química de Karlsruhe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romántico francés. Atraído polo misterio, a súa obra reflicte unha imaxinación sombría, mestura de sensualismo e misticismo, e unha constante evocación do pasado. En Les diaboliques (1874), o sobrenatural chega a dominar os trazos psicolóxicos das personaxes. Dentro desta liña, publicou ademais: L’ensorcelée (A embruxada, 1854) e Un prête marié (Un crego casado, 1865). Os seus artigos periodísticos foron recollidos en Oeuvres et Hommes du XlXe siècle (Obras e homes do s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Datada nos primeiros anos do s XIII, da antiga fábrica románica só se conservan as portas e parte da nave. Ten planta rectangular coa cuberta a dúas augas. O acceso á capela maior practícase por medio dun arco de medio punto. Destaca a portada principal con dúas arquivoltas que están protexidas por unha moldura saínte e axadrezada. No tímpano está gravado un arco entrelazado que debuxa unha cruz de arcos iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bandoleiro. Coñecido como Toribio, en 1901 protagonizou o asalto á casa reitoral das Grañas no que foi asasinada a criada. Por esta acción estivo preso no cárcere de Ortigueira, de onde fuxiu para botarse ao monte. Capturárono e condenárono a morte, mais a presión popular conseguiu modificar a pena por 30 anos de cárcere que cumpriu a partir de 1903. Estivo tamén nos cárceres da Coruña, Santoña e San Miguel de los Reyes. En 1925 liberárono e volveu á súa vila natal. Foi unha importante fonte de inspiración para os cantares de cegos e para numerosos literatos que novelaron as súas fazañas, como Ramón del Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán, Ramón Otero Pedrayo, Augusto Riera ou Heraclio Puentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe descoñecida que talvez proceda do grego mammé ‘nai, mamá’. Presenta as variantes Mamedio, Amede e Amedio. É avogoso das amas de cría e a tradición popular vinculouno co latín mamma ‘mama, seo’. San Mamede de Cesarea (s III), foi pastor e mártir baixo o Emperador Aureliano. Na tradición galega é patrón dos panadeiros e protector da lactancia e da feitura do pan. A súa festividade celébrase o 17 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pastor e mártir. Perseguido por Diocleciano, refuxiouse nun bosque onde predicou o Evanxeo ás feras. Foi acusado de meiguería e no anfiteatro romano botárono a un león e un oso, que se deitaron mansamente aos seus pés. Finalmente foi martirizado por un gladiador. Viste túnica curta e manto e como atributos leva un tridente e feras. A súa festividade celébrase o 17 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. Da súa antiga fábrica, posiblemente do s XIII, consérvase a porta principal que conta cun tímpano semicircular apoiado en xambas lisas. Sobre o arco de descarga consérvase unha imaxe da Virxe co Neno da mesma época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor italiano. Estudou en Livorno, Florencia e Venecia e en 1906 trasladouse a París, onde recibiu a influencia de Cézanne, Toulouse-Lautrec e Picasso. Viviu en Montparnasse unha vida bohemia de fame e miseria, e morreu tuberculoso. Pintou practicamente só nus, cabezas de muller e retratos dos seus amigos, mediante un trazo lineal que subliñaba as formas, pintadas con temperanza en tons ocres, azuis, brancos e negros. A súa obra escultórica, iniciada co seu amigo C. Brâncuşi (1909), revelou un espírito e unha temática semellantes á súa pintura, como en Testa (1912). Entre os seus cadros destacan Nudo sdraiato a braccia aperte, Lolotte e Ritratto de Jean Cocteau, os tres de 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boborás. Construída en estilo románico (finais s XII-comenzos s XIII), consta dunha soa nave cuberta con bóveda de canón e ábsida rectangular cun van decorado. A fachada principal ten portada con arco de medio punto, dobre arquivolta e tímpano historiado, que leva na parte baixa unha cruz, tres baquetas circulares lisas, unha singular decoración de bólas e unha imaxe do Apóstolo Santiago vestido de peregrino. Destaca unha cruz dos templarios sobre a espadana e a inscrición referida á fundación do templo. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico italiano. De nome Salvatore Amedeo Buffa, caracterizouse por interpretar a heroes domésticos, bondadosos e honorables. Deuse a coñecer con Cavalleria (1936), e despois participou en Il bandito (1946), Il brigante Mussolino (1950), Processo alla città (1952), Le notti de Cabiria (1957), Odio mortale (1962), Il gaucho (1964), Nina (1976) e Melodrammore (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte francés. En 1915 creou a revista L’Élan, onde expuxo os principios de purismo en pintura. En 1918 publicou, xunto con Le Corbusier, Aprés le cubisme, manifesto purista, do que desenvolveron as ideas na revista L’Esprit Nouveau (1920-1925). Instalado en Nova York (1938), abriu a Ozefant School of Fine Arts. Autor de Vie (1931-1938, París), publicou Art (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe do ciclo troiano, fillo de Nauplio e de Clímene. Participou como embaixador na guerra de Troia para esixir a devolución de Helena, e tamén foi a Ítaca para facer que Ulises cumprise coa promesa que lle fixera a Menelao de acudir a Troia. Foi acusado polo heroe de Ítaca de traizón e morreu lapidado polo exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Discípulo de M. Mierevelt e F. Hals, empregou o claroscuro como efecto técnico--compositivo nunha pintura costumista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cuntis. Datada a mediados do s XVIII, ten planta de cruz latina cunha soa nave cuberta con bóveda de canón, cruceiro e capela. A torre-campanario ten dous corpos e sitúase no lado dereito da fachada principal. Accédese a ela mediante unha escaleira exterior de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado no concello de Ames. Foi doado á igrexa de Santiago polo conde de Galicia don Reimundo e a súa muller dona Urraca en 1107.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que pertence ao sistema montañoso da serra de San Mamede, situado entre os concellos de Vilar de Barrio, Montederramo e Maceda. O seu cumio acada os 1.618 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico, situada entre as de Caldebarcos e Carnota, na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO