"Ames" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 215.

  • Heroe da Guerra de Troia. Fillo de Teseo e de Fedra, pertenceu á mítica estirpe da tribo acamántida de Atenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista australiano. As primeiras novelas manifestan unha grande influencia de Hemingway; non obstante, The Diplomat (O diplomático, 1949), a súa novela máis ambiciosa, é unha grande obra política. En The Intouchable Juli (O intocable Juli, 1975), pola contra, a problemática é existencial. Publicou tamén One last Glimpse (1979), The True Story of Lilli Stubek (A verdadeira historia de Lilli Stubek, 1977) e The True Story of Spit Mac Phee (A verdadeira historia de Spit Mac Phee, 1985), coa que obtivo o premio Guardian, e The True Story of Lola Mackellar (A verdadeira historia de Lola Mackellar, 1993).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ames baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Santiago, situado na provincia da Coruña no O da comunidade autónoma de Galicia (42° 51’ 47” N - 8° 38’ 35” O) . Limita ao N polo río Tambre e cos concellos de Val do Dubra, A Baña e Negreira, (comarca da Barcala), ao O co de Brión, ao S co de Teo e ao L co de Santiago de Compostela polo L. Abrangue unha superficie de 80 km 2 cunha poboación de 24.553 h (2007), distribuídos nas parroquias de Agrón, Ameixenda, Ames, Biduído, Bugallido, Covas, Lens, Ortoño, Piñeiro, Tapia e Trasmonte. A tcapital está no lugar de Bertamiráns, parroquia de Ortoño. Está adscrito ao partido xudicial de Negreira e á arquidiocese de Santiago de Compostela.
    Xeografía física
    O territorio do concello de Ames correspóndese co dominio climático oceánico hiper-húmido. Situado nun val, os rexistros térmicos vense matizados por este factor, que propicia uns invernos moi agradables. A temperatura media anual é de 12,4° (a media de xaneiro é de 6,8°C e a de xullo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada sobre o regueiro de Augapesada na parroquia de Ames, do concello do mesmo nome. Trátase dunha ponte, con un único van e dous desaugadoiros, de cantería con arco de medio punto rebaixado, rasante alombado de trazado curvo e calzada de grandes lousas de pedra. Formaba parte do antigo Camiño Real que conducía de Santiago de Compostela a Fisterra. O seu estado de conservación é malo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No zoroastrismo, os sete anxos ou intermediarios do autor da “creación boa”, Ahura Mazda (Ormazd ou Ormuz).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca de Navarra, no S da serra de Urbasa. Abrangue a Ameskoa Alta e a Ameskoa Baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode amestrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que amestra animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de amestrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aprender a un animal a realizar unha serie de exercicios ou accións determinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pastor escocés, xefe dunha loxia de francmasóns. Redactou as constitucións da francmasonería en The Constitutions of Free-Masons (1723) e publicou Royal genealogies (Xenealoxías reais, 1732).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e empresario agrícola escocés. Na súa obra Essays Relating to Agriculture and Rural Affairs (Ensaios relacionados coa agricultura e os asuntos rurais, 1775), definiu a teoría da renda diferencial da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo norteamericano. Contribuíu ao desenvolvemento da psicoloxía funcionalista. É autor de Introdution to Psychology (Introdución á Psicoloxía, 1918) e American Education (A Educación Americana, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e historiador inglés, influído por Arnold Toynbee, discípulo da escola histórica alemana, da que se converteu en difusor no mundo anglosaxón e da que foi fervente proteccionista. É autor, entre outras obras, de Introdution to English Economic History and Theory (1914), referida á historia económica de Inglaterra do s XI ao XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Assam ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Assam.

    3. Lingua indoeuropea do grupo índico oriental falada en Assam por seis millóns de persoas aproximadamente, no val do Brahmaputra, río abaixo de Dibrugarh. O assamés propiamente dito é o dialecto occidental. Escríbese xeralmente en caracteres bengalís e posúe unha literatura abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor norteamericano. Discípulo en Francia de Jacques Louis David, instalouse nos EE UU en 1831. Afeccionado á ornitoloxía, representou paxaros cunha técnica minuciosa (The Birds of America, Os paxaros de América, 1827-1838). Á marxe do primitivismo e do colonialismo preponderante na América do seu tempo, sentou as bases dun Naturalismo especificamente americano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bahamas ou ao arquipélago das Bahamas.

    2. Natural ou habitante de Bahamas ou do arquipélago das Bahamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de circo, socio de Phineas Taylor Barnum, con quen fundou o Barnum Bailey Circus. Cando morreu Barnum abandonou a exhibición de fenómenos e impulsou a presentación de feras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Activista do movemento a favor dos dereitos civís dos negros, a súa obra xira ao redor do racismo, a homosexualidade e a relixión. Algunhas das súas novelas son Another country (Outro país, 1962), If Beale Street could talk (Se a Beale Street puidese falar, 1974), Just above my head (A miña cabeza nestes intres, 1979) ou The Harlem Quartet (O cuarteto de Harlem, 1987); para o teatro escribiu Blues for Mister Charlie (Blues para míster Charlie, 1964) e o libro de poesías Jimmy’s Blues (O blues de Jimmy, 1983). A súa obra ensaística comprende The fire next time (O lume nos tempos vindeiros, 1963) e The price of a ticket (O prezo da entrada, 1985).

    VER O DETALLE DO TERMO