Ames, ponte de

Ames, ponte de

Ponte situada sobre o regueiro de Augapesada na parroquia de Ames, do concello do mesmo nome. Trátase dunha ponte, con un único van e dous desaugadoiros, de cantería con arco de medio punto rebaixado, rasante alombado de trazado curvo e calzada de grandes lousas de pedra. Formaba parte do antigo Camiño Real que conducía de Santiago de Compostela a Fisterra. O seu estado de conservación é malo.

Palabras veciñas

Amersfoort | Ames | Ames | Ames, ponte de | Amesa Spenta | Ameskoa, vales de | amestrable