"Amorado" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Santiago de Compostela. As súas armas levan, sobre campo de ouro, un corazón de goles traspasado por unha frecha, símbolo do Amor. Outros apelidos relacionados con esta caste son Amoreiro, Amorar, Amorada, Namorar e Namorado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escolla impresa de poesías líricas en castelán e catalán, e de romances en castelán. A primeira edición coñecida realizouse en Barcelona en 1562 e a derradeira en 1681. A primeira edición consta de 280 pezas, unha delas é bilingüe e catro están en catalán. A máis coñecida é Bella de vós só enamorós. A partir de 1601 a escolla aumentou con máis coplas catalanas e coa canción Los comendadores. O autor é Joan Timoneda, que a debeu editar en València en 1556 ou en 1557.
-
PERSOEIRO
Poeta da escola galego-castelá. Tal vez orixinario de Padrón, estivo activo probablemente ao redor da segunda metade do s XIV e viviu no reinado de Pedro o Cruel. É o autor máis antigo dos que cultivaron a súa lírica con posterioridade aos trobadores galego-portugueses e anterior ao espallamento dos cancioneiros que tivo lugar a partir do segundo cuarto do s XV. Atribúenselle sete composicións en galego, de tema amoroso, que pertencen ao xénero da cantiga. Nestes poemas alterna os versos longos cos de pé quebrado e recorre á annominatio. Por iso e pola súa biografía, no s XV converteuse en arquetipo do poeta amoroso. Foi tratado de forma burlesca no s XVIII, pero a súa figura foi recuperada no Romanticismo, especialmente a partir das obras de Mariano José de Larra, o drama Macías, e o romance histórico El doncel de don Enrique el Doliente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amorado.
-
-
de namorar ou namorarse.
-
Que ou quen sente amor ou paixón por algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen namora.