Coidamos
Coidamos
Publicación bilingüe editada no instituto Francisco Aguiar de Betanzos subtitulada “Voceiro dos que non calamos”. Cómpre destacar o monográfico que lle dedicaron ao Día das Letras Galegas, no que colaboraron Vales Villamarín, Regueira Varela, Siro López, Alonso Montero, Manoel Espiña e Quintás Goyanes, entre outros. Incluía artigos, poemas e debuxos.