"Anagni" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Frosinone, na rexión do Lacio, Italia (19.237 h [1991]). Foi sede episcopal dende o s V e residencia papal durante a época medieval. Entre outros monumentos cómpre salientar a catedral, do s XI, reconstruída no XIII, e a casa do concello, do s XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arresto do Papa Bonifacio VIII en Anagni, o 7 de setembro de 1303, promovido por Filipe IV de Francia, ameazado de excomuñón polo Papa, e a familia Colonna. O Papa, liberado pola xente de Anagni, morreu ao pouco tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado concertado en Anagni, en xuño do 1295, entre o Papa Bonifacio VIII e os embaixadores de Xaime II de Aragón, Filipe IV de Francia e Carlos II de Nápoles. Puxo fin aos conflitos xurdidos a partir da conquista de Sicilia polos cataláns. As cláusulas esenciais foron: devolución de Sicilia á Santa Sé, restitución das Baleares ao Rei de Mallorca, e retorno das conquistas feitas en Italia a Carlos II, así como tamén dos reféns mutuos.