Anagni, Tratado de
Anagni, Tratado de
[HIST]
Tratado concertado en Anagni, en xuño do 1295, entre o Papa Bonifacio VIII e os embaixadores de Xaime II de Aragón, Filipe IV de Francia e Carlos II de Nápoles. Puxo fin aos conflitos xurdidos a partir da conquista de Sicilia polos cataláns. As cláusulas esenciais foron: devolución de Sicilia á Santa Sé, restitución das Baleares ao Rei de Mallorca, e retorno das conquistas feitas en Italia a Carlos II, así como tamén dos reféns mutuos.