anaglíptico -ca

anaglíptico -ca

(< gr ἀνάγλυπτος‘cicelado en relevo’)

    1. adx

      Relativo ou pertencente á anaglíptica, sistema de escritura empregado polos cegos.

    2. escritura anaglíptica ESCR [ESCR]

      Procedemento de escritura en relevo, empregado polos cegos, consistente en practicar, cun punzón, marcas sobre un papel, xeralmente mantido tenso por un bastidor.

    3. impresión anaglíptica / [GRÁF/IND]

      Técnica de impresión de textos, especialmente para cegos, que consiste en reproducir sobre o papel uns relevos que se corresponden cos caracteres e que poden ser interpretados dactilarmente polo lector.

  1. s f [ESCR]

    Escritura ou impresión en relevo para o uso dos cegos.

  2. s f [DEC]

    glíptica.