anáglifo

anáglifo

(< lat anaglyphu < grἀνάγλυφος‘recorte, tallado en relieve’)

  1. s m

    Ornamento esculpido, trenchado ou tallado en baixorrelevo.

  2. s m [DEC]
    1. Traballo en glíptica. Obra tallada de relevo avultado.

    2. Pedra labrada toscamente, disposta para a súa labra.

  3. s m [IMAX]

    Sistema fotográfico no que as imaxes producen sensación de relevo. Este fenómeno débese á superposición de dúas imaxes estereoscópicas de cores complementarias -xeralmente azul, verde ou vermella- que se ven unidas, aínda que lixeiramente desprazadas sobre o seu soporte.

  4. s m [LIT]

    Forma poética de breve extensión e de carácter lúdico habitual nos círculos surrealistas españois, que xogaba coas posibilidades combinatorias dos mecanismos automáticos da escrita. Consistía na sucesión de catro versos, o primeiro e o segundo compostos por artigo e substantivo, o terceiro leva sempre “la gallina” e o cuarto, de novo, artigo e substantivo.