Anagni
Anagni
Cidade da provincia de Frosinone, na rexión do Lacio, Italia (19.237 h [1991]). Foi sede episcopal dende o s V e residencia papal durante a época medieval. Entre outros monumentos cómpre salientar a catedral, do s XI, reconstruída no XIII, e a casa do concello, do s XIII.