Anagnórise

Anagnórise

Novela xuvenil de María Victoria Moreno publicada no 1988. A través das súas páxinas e duns diálogos vivos e ocorrentes, a autora conta a experiencia de Nicolau Arís, un rapaz que un día decide marchar a Madrid en auto-stop, fuxindo dos seus problemas persoais, para encontrarse cuns amigos relacionados co mundo das drogas. A viaxe faina cunha muller, Xulia Andrade, que o recolle ao pé da estrada; na súa compaña coñécese a si mesmo mergullando no seu interior, aprende a gozar da vida e a valorar as cousas e as persoas e descobre o que é o amor, a amizade e a morte. Foi editado por Galaxia na colección Árbore (1988).