"Annona" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa romana protectora das colleitas. Tiña como atributos o corno da abundancia, un modio ou medida de gran, un ramo de espigas de trigo, unha áncora, unha proa e un temón dun navío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores tropicais da familia das anonáceas ao que pertence o chirimoio e o guanábano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imposto que, na época romana, se aplicaba tanto para o abastecemento de Roma, e máis tarde de Constantinopla (annona civica), como do exército (annona militaris); posteriormente, estendeuse ao mantemento dos funcionarios.
-
-
-
Relativo ou pertencente á annona.
-
lei annonaria
Conxunto de leis e constitucións imperiais que regulaban a percepción do imposto da annona, a administración dos víveres recolleitos e a súa distribución.
-
-
Funcionario do estado romano que tiña coidado da recepción, da administración e a distribución da anonna como autoridade superior. Só había un en Roma e outro en Cartago, tiñan xurisdición civil e penal sobre os subordinados. Constantino dá a estes funcionarios o título de Clarissimus. O prefectus annonae tiña ás súas ordes os oppossitores, coñecidos tamén por annonarii, os mensores, encargados de abastecer os mercados públicos, e os administradores da arca frumentaria, que coidaban da venda a baixo prezo e distribución dos víveres entre os pobres.
-