annonario -ria
(< annona)
-
adx
[DER]
-
Relativo ou pertencente á annona.
-
lei annonaria
Conxunto de leis e constitucións imperiais que regulaban a percepción do imposto da annona, a administración dos víveres recolleitos e a súa distribución.
-
-
s
m
[HIST]
Funcionario do estado romano que tiña coidado da recepción, da administración e a distribución da anonna como autoridade superior. Só había un en Roma e outro en Cartago, tiñan xurisdición civil e penal sobre os subordinados. Constantino dá a estes funcionarios o título de Clarissimus. O prefectus annonae tiña ás súas ordes os oppossitores, coñecidos tamén por annonarii, os mensores, encargados de abastecer os mercados públicos, e os administradores da arca frumentaria, que coidaban da venda a baixo prezo e distribución dos víveres entre os pobres.