"Antelo" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica (Noia), bastante frecuente en Galicia. Xa aparece documentado no s XV: “Juan d’Antelo” (doc ano 1474 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991).
-
PERSOEIRO
Licenciada en Ciencias Biolóxicas é profesora de Ensino Medio. En colaboración con Xaquín Penas Patiño publicou As plantas (1987) e As plantas medicinais (1993), que constitúen un catálogo das plantas máis representativas do noso país. Forma parte da Sociedade Galega de Historia Natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista reloxeiro e enxeñeiro de Mariña. Construíu os reloxos das catedrais de Lugo (1817) e Santiago de Compostela (1831), e dos mosteiros de Celanova, Betanzos, Sobrado e da igrexa de San Xiao de Ferrol. Foi director da fábrica de moeda de Xubia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dislocación dun órgano cara a adiante.
-
-
Pan feito con ovo e azucre, que se adoita dar aos veciños que non asisten nin ao banquete nin á cerimonia relixiosa dunha voda.
-
Anaco dunha bola de pan, con codia, cortado polo canto.
-
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Foi discípulo de Vincent d’Indy na Schola Cantorum. Escribiu dúas óperas, aínda que o seu traballo máis importante realizouno como folclorista. Destacan os Chants d’Auvergne (1923-1930), escolma de cancións populares, harmonizadas para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peza de vestir feminina, de cor xeralmente castaña, verde escura, azul mariño ou negra, que se coloca sobre a saia ou o refaixo. Ten menos voo cá saia e queda aberta pola parte posterior e a beira inferior. Átase ao van con cintas ou broches e adoita empregarse no traxe de gala. Os tecidos máis empregados son o pano, o damasco ou a baeta, aínda que tamén se pode facer de picote para o traxe de diario. O mantelo de gala leva frecuentemente unha tira de veludo arredor con adornos de acibeche e pasamanería.
-
Peza de vestir fina de seda ou tule que levan as mulleres para cubrir a cabeza e as costas en cerimonias relixiosas e ocasións solemnes.
-
Peza de roupa que, atada á cintura e ás veces ao pescozo, se emprega en determinados labores para evitar que se manche a parte dianteira do corpo.
-
Pano pequeno que se emprega para cubrir algo.
-
-
PERSOEIRO
Mestre, cooperativista e galeguista. Sometido a depuración, o seu expediente como estudante normalista tivo unha penalización de dous anos con imposibilidade de incorporarse á docencia. En 1948, por invitación de Antonio Fernández López, iniciou en Barreiros (Sarria) unha escola unitaria rural, a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros, que, seguindo a metodoloxía didáctica de O. Decroly e outras orientacións propias da escola nova europea, serviría de modelo para outras experiencias de escola rural aberta e integrada no medio campesiño que se levaron a cabo en diversas parroquias de Galicia e, sobre todo, na provincia de Lugo durante os anos cincuenta e sesenta, por impulso de Antonio Fernández López.
VER O DETALLE DO TERMO
Na fin dos anos sesenta reintegrouse de novo ao ensino público, e incorporouse ao grupo de Pedagoxía Freinet en Galicia. Entre 1964 e 1969, dirixiu a empresa Agropecuaria...