"Antifonte" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Orador grego, o máis antigo dos considerados clásicos pola escola alexandrina, que o fai mestre de Tucídides. Membro do partido oligárquico, participou no goberno dos Catrocentos, sendo axustizado ao caer este. Consérvanse unha ducia dos seus discursos académicos, divididos en tetraloxías, de paternidade non certa, e tres máis en defensa de causas de homicidio, nos que era especialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sofista grego. Coñécense poucos datos seguros sobre a súa vida, téndose identificado erroneamente co orador do mesmo nome. A diferenza daquel, tiña unha ideoloxía democrática e era hostil á idea da Providencia. Atacou as concepcións idealistas de Gorxias e defendeu o alcance ontolóxico da percepción e o pensamento.

    VER O DETALLE DO TERMO