Antifonte
Antifonte
Sofista grego. Coñécense poucos datos seguros sobre a súa vida, téndose identificado erroneamente co orador do mesmo nome. A diferenza daquel, tiña unha ideoloxía democrática e era hostil á idea da Providencia. Atacou as concepcións idealistas de Gorxias e defendeu o alcance ontolóxico da percepción e o pensamento.