Aceras
Aceras
[PLANTA]
Xénero de herbáceas da familia das orquidáceas, de talo folioso e flores en espiga mesta, co labio alongado e partido en catro lóbulos. En Galicia atópase en prados secos e matogueiras de zonas calcáreas e margosas a especie A. anthropophorum, de talos de ata 40 cm e flores amarelas verdosas con aspecto de home aforcado.