"Anuncia" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • Anunciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de anunciar.

      1. Anuncio feito a María polo arcanxo Gabriel de que sería nai do Mesías. Os pais da Igrexa consideran que este foi o momento no que o Fillo de Deus se encarnou.

      2. Festa coa que a Igrexa celebra este misterio: 25 de marzo. OBS: Normalmente escríbese en maiúsculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín eclesiástico annuntiatio ‘anunciación, anuncio’, derivado de annuntio. Este último termo procede de ad-nuntio ‘anunciar’, composto de ad ‘cara a, en dirección a’ e nuntio ‘informar, notificar’ e este, á súa vez, deriva de nuntius ‘nuncio, mensaxeiro’. Este antropónimo ten unha orixe cristiá; alude ao anuncio do nacemento de Xesús (“Anunciación a María”), relatado no evanxeo de san Lucas. A Anunciación tamén se coñece cariñosamente como a “Nosa Señora das Merendas”, porque a súa festa marca o comezo dos traballos nas veigas e, xa que logo, das merendas fóra da casa. A festividade da Anunciación, que antano se celebraba o 18 de decembro por non cadrar co espírito da Coresma, trasladouse logo ao 18 de decembro. Actualmente festéxase o 25 de marzo agás en Entrimo, onde se conmemora o 5 de agosto, e en Baiona, onde se celebra os días 5 e 10 de agosto. A Anunciación é titular dunha parroquia. Unha variante deste antropónimo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde da cabalería creada polo conde Amadeo VI de Savoia no 1362. Os estatutos foron doados no 1400 polo duque Amadeo VIII. Foi a orde suprema do Reino de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que anuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación filatélica aparecida o 1 de novembro de 1895 en Ferrol, e dirixida por Manuel Riva. Desapareceu en xullo de 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario aparecido na Coruña o 1 de xaneiro de 1863, subtitulado “Periódico consagrado al comercio, a la industria y a las artes”. Dirixido por Cándido Salinas, foron redactores Ramón Pérez Costales e Gonzalo Brañas. Foi impreso por Brañas e Pombo. Trataba temas económicos e comerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal nado en Pontevedra o martes 2 de xaneiro de 1877 e desaparecido en maio de 1893. Foi subtitulado como “Diario de noticias, anuncios e intereses morales y materiales”, “Diario de intereses generales, noticias y anuncios”, “Diario de Pontevedra”, “Diario republicano” e “Diario republicano progresista” ao longo de diversas etapas. Fundado por Xosé Suárez, tivo como directores a Indalecio Armesto, Xosé Madrigal, Xoán M. Rodríguez, Cosme Fernández, Emilio Couto e Xosé Sequeiros. Tratou temas políticos, culturais e mesmo publicou poemas en castelán de Renato Ulloa, Claudio Cuveiro, Nicanor Rey, Andrés Muruais, Núñez de Arce, Alfredo Brañas e Xesús Muruais, entre outros. Xunto a estes, poemas en galego de Rosalía e Francisco Mª de la Iglesia, e unhas crónicas tituladas “Farangullas” de Roque Pesqueira. Tamén difunden información sobre o dicionario de Cuveiro Piñol e Aires da miña terra de Curros Enríquez. Reaparecería no ano 1893.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal republicano aparecido na Coruña en 1877 e subtitulado “Diario de La Coruña y de Galicia”. No número do 25 de xullo de 1883 incluíuse o poema “O probe” de Manuel Martínez González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome adoptado polo xornal El Avisador (1862) da Coruña no ano 1877 ata a súa desaparición definitiva no ano 1894.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en Santiago o 1 de novembro de 1896, que cesou o 1 de abril do ano seguinte. Foi dirixido por Ernesto Carrero e levaba por subtítulo o de “Periódico Filatélico”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou aquel que anuncia.

    2. Toda persoa natural ou xurídica, empresa ou institución de calquera tipo que utiliza os medios de difusión publicitaria para dar a coñecer e introducir, nun mercado determinado, os produtos -normalmente con marca- que fabrica ou comercializa, ou os servicios que desenvolve, sempre cunha finalidade comercial, informativa ou social.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar noticia pública ou a primeira noticia dalgunha cousa, facer saber, publicar ou proclamar.

    2. Dar a noticia da chegada, da presenza de alguén.

    3. Comunicar a través dun anuncio a existencia ou as calidades de produtos ou servicios de institucións públicas ou privadas, de empresas e similares, ou de calquera persoa, coa intención de informar ou persuadir a posibles consumidores.

    4. Darse a coñecer a través dun medio determinado, por exemplo, a publicidade.

    5. Dar a coñecer mediante indicios que algo vai acontecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que anuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que agrupa os principais anunciantes de España. Anualmente entrega os premios EFI de Eficacia na Comunicación Comercial, que organiza Consultores de Publicidad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Responsable do Partido Comunista de España (PCE) na comarca do Bolo. Retornou en 1932 de Euskadi e dedicouse a actividades propagandísticas entre os traballadores do ferrocarril que se estaba a construír entre A Gudiña e Vilar de Barrio. Destacada oradora e organizadora, foi asasinada en agosto de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Gabriel García Márquez en 1981. Baseada nun feito real, recrea os acontecementos e circunstancias que rodean un crime, resultado dunha vinganza por unha ofensa de honor. Narra o asasinato do protagonista, Santiago Nasar, por dous irmáns, Pedro e Pablo Vicario, que o consideran responsable da perda da virxindade da súa irmá, Ángela Vicario, que acaba de casar e que é repudiada por Bayardo San Román, forasteiro que chegara á vila meses atrás. Inspirada nos modelos da crónica xornalística e da novela policíaca, é unha historia circular que comeza e remata coa morte do suposto culpable. O narrador preséntase como investigador que tenta aclarar o suceso a partir da reconstrución do período que transcorre desde o remate das celebracións da voda ata a consumación do crime anunciado. Ao longo de cinco capítulos, o narrador-cronista avanza e retrocede na sucesión lóxica dos acontecementos e alterna os seus recordos e as súas impresións posteriores co testemuño dos personaxes...

    VER O DETALLE DO TERMO