anunciar

anunciar

(< lat annuntiare)

  1. v t

    Dar noticia pública ou a primeira noticia dalgunha cousa, facer saber, publicar ou proclamar.

    Ex: Anunciaron o descubrimento dun documento antigo.

    Sinónimos: comunicar. Confrontacións: notificar.
  2. v t

    Dar a noticia da chegada, da presenza de alguén.

    Ex: Despois de anuncialo, entrou solemnemente.

  3. v t [COMUN]

    Comunicar a través dun anuncio a existencia ou as calidades de produtos ou servicios de institucións públicas ou privadas, de empresas e similares, ou de calquera persoa, coa intención de informar ou persuadir a posibles consumidores.

    Ex: Anunciaron o comezo das rebaixas na radio.

  4. v pron

    Darse a coñecer a través dun medio determinado, por exemplo, a publicidade.

    Ex: Quere anunciarse na televisión e na radio simultaneamente.

    Confrontacións: amosar, mostrar.
  5. v t

    Dar a coñecer mediante indicios que algo vai acontecer.

    Ex: Os neboeiros anuncian chuvias.

    Sinónimos: agoirar, augurar, predicir, presaxiar, prognosticar, prometer, vaticinar. Confrontacións: adiviñar.
Conxugar
VERBO anunciar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
anuncio
anuncias
anuncia
anunciamos
anunciades
anuncian
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
anunciaba
anunciabas
anunciaba
anunciabamos
anunciabades
anunciaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
anunciei
anunciaches
anunciou
anunciamos
anunciastes
anunciaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
anunciara
anunciaras
anunciara
anunciaramos
anunciarades
anunciaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
anunciarei
anunciarás
anunciará
anunciaremos
anunciaredes
anunciarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
anunciaría
anunciarías
anunciaría
anunciariamos
anunciariades
anunciarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
anuncie
anuncies
anuncie
anunciemos
anunciedes
anuncien
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
anunciase
anunciases
anunciase
anunciasemos
anunciasedes
anunciasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
anunciar
anunciares
anunciar
anunciarmos
anunciardes
anunciaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
anuncia
-
-
anunciade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
anunciar
anunciares
anunciar
anunciarmos
anunciardes
anunciaren
Xerundio anunciando
Participio anunciado
anunciada
anunciados
anunciadas