"Aosta" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • ENTRADA LARGA

    Anselmo
    .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do Val de Aosta, Italia, á beira do río Dora Baltea (35.392 h [1991]). A cidade desenvolveuse como núcleo industrial, turístico e nó de comunicacións polas rutas transalpinas cara a Francia e Suíza. Ten unha colexiata dos ss XI-XVI e a catedral do XV. Conserva importantes restos de época romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Foi cedido como condado de Aosta na primeira metade do s XI polo Rei Rodolfo III de Borgoña ao conde Humberto I Brancamán de Savoia. No ano 1238, o Emperador Federico II erixiu o condado de Aosta en ducado a prol de Amadeo IV, conde de Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amadeo I de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e mariño, duque dos Abruzos (1890), fillo de Amadeo I de España. Viaxou ao Ártico (1899) e a África ecuatorial (1906). Desde 1919 colonizou Somalia, onde fundou a colonia agrícola de Villaggio Duca degli Abruzzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de Europa Centromeridional, situado nos Alpes Occidentais, que coincide aproximadamente coa rexión autónoma italiana do mesmo nome (3.263 km2; 119.356 h [2001]). Encadrado polos Alpes Peninos, ao N, e polos Alpes Graios, ao S, limita ao N co cantón suízo de Valais, ao O con Savoia (Francia) e ao S e ao L con Piemonte. A súa capital é Aosta. Trátase dun val completamente alpino, que goza, non obstante, dun clima de abrigo. A poboación concéntrase no val do río e é de fala francoprovenzal. Cultívanse patacas, viño e froita e a gandaría bovina, orixinou unha industria láctea que produce o queixo fontina. A actividade industrial está representada pola produción de enerxía hidroeléctrica e pola extracción de mineral de ferro e o turismo é outra fonte de riqueza. Na primeira metade do s XI foi cedido á casa de Savoia e en 1238 converteuse en ducado. Os primeiros atentados contra a autonomía iniciáronse co nacemento do Reino de Italia (1860), coa...

    VER O DETALLE DO TERMO