Aosta
Aosta
Capital do Val de Aosta, Italia, á beira do río Dora Baltea (35.392 h [1991]). A cidade desenvolveuse como núcleo industrial, turístico e nó de comunicacións polas rutas transalpinas cara a Francia e Suíza. Ten unha colexiata dos ss XI-XVI e a catedral do XV. Conserva importantes restos de época romana.