"Apis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 26.

  • Xénero do grupo dos adapiformes, procedente do Eoceno medio (45 Ma) de Europa occidental, caracterizado polas súas fortes e curtas mandíbulas que só mordían verticalmente, sen acción mastigatoria lateral; a súa constitución corporal era flexible e tiñan pernas longas e delgadas, acadando os 40 cm de lonxitude. Probablemente comían plantas duras e fibrosas. O seu cerebro posuía lóbulos temporais desenvolvidos, o que xa o diferenza dos mamíferos non-primates.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto que se utiliza para conseguir que o lapis teña unha punta moi fina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de libro que ten as follas escritas ou impresas por unha soa cara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Touro sagrado do antigo Exipto, considerado como a encarnación do deus Ptah. Asociado a Osiris durante o Imperio Novo, o seu culto foi en aumento durante o terceiro período intermedio e, sobre todo, a partir da baixa época, momento no que a súa fusión con Osiris é total, xurdindo así unha nova divindade, Serapis (Osiris-Apis). Encarnado nun touro real ao coidado de sacerdotes foi enterrado en espléndidas catacumbas, a máis famosa delas é o Serapeo de Sakkara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos da familia dos ápidos ao que pertence a abella doméstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina empregada para apisoar o chan, composta xeralmente duns cilindros metálicos moi pesados, sobre os que se despraza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premer ou pisar, especialmente a terra, cos pés, co pisón ou outra máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra ou construción lingüística propia do castrapo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema político no que o poder civil, co control e servizo do poder relixioso, intervén nas cuestións disciplinarias e teolóxicas. Foi combatido pola Igrexa Católica, en especial polos papas Gregorio VII, Inocencio III e Bonifacio VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (1.871 km2; 262.000 h [estim 1982]). A súa capital é Ma ḥ mụd-e´Erāquī (1.262 h [estim 1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno anaco de certos minerais suaves e graxos ao tacto, empregado para debuxar ou escribir.

    2. Utensilio para debuxar e escribir, constituído por unha mina de grafito incluída nunha barra cilíndrica ou prismática de madeira, que se afía en punta para deixar descuberto o extremo da mina.

    3. Debuxo feito a lapis por un artista. Pódese distinguir o debuxo a dous lapis, que se realiza sobre un papel tinguido e se emprega un lapis negro para as sombras e outro branco para as tonalidades claras; e o debuxo a tres lapis que se realiza tamén sobre papel tinguido cun lapis negro, unha barra de sanguina e unha barra branca.

    4. Forma farmacéutica cilíndrica, que se obtén por fusión ou por malaxación, con formación de cilindros e desecación. Emprégase por contacto ou introducíndoo nas cavidades fisiolóxicas.

    5. Barra de cosmético que se emprega para a maquillaxe das cellas, os ollos ou os labios.

    6. Barra de pastel que se emprega na realización de debuxos sobre vidro esmerilado, porcelana ou esmalte cerámico sen vernizar.

    7. Lapis especial que se emprega en medicina para facer marcacións na pel.

    8. Lapis composto de xabón, cera, sebo e fume negro, que se emprega para debuxar sobre a pedra.

    9. Dispositivo en forma de lapis que leva un elemento fotosensible, unha célula fotoeléctrica dotada dun sistema fotomultiplicador. Conectado on line cunha pantalla visualizadora, cando un feixe electrónico incide directamente, xérase un impulso que identifica o punto específico da pantalla. Permite debuxar liñas, círculos, activar o ordenador ou introducir datos. Constitúe un aparato moi útil nos sistemas de deseño por ordenador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa ou estoxo para gardar os lapis.

    2. Cilindro delgado e estreito de plástico, metal ou outro material onde se encaixa unha barra de grafito que se utiliza como lapis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra ornamental constituída por lazurita, o seu compoñente principal, e por cantidades variables de calcita, pirita e outros feldespatoides. É opaca e de cor azul semitranslúcida ou azul violeta. Emprégase en xoiería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller que exerceu de papa, referido ao personaxe lendario da papisa Xoana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Defensa da submisión á autoridade do papa.

    2. Termo pexorativo dado polos non católicos á posición católica que sostén a supremacía do papa e, por extensión, a toda a Igrexa Católica romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que defende a supremacía do papa.

    2. Aplícase ao nome pexorativo que os non católicos dan normalmente aos católicos romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mango ou tubo onde se fixa o lapis para escribir ou debuxar con facilidade e que serve para resgardar a súa punta cando non se usa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erección anormal e dolorosa do pene, sen desexo sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Considerado como poeta oficial da súa cidade, polemizou con Carducci (1881). A súa obra está recollida en Poemi, liriche e traduzioni (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO