"Apus" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Xénero de aves da familia dos apódidos ao que pertence o cirro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación Ave do Paraíso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos carápidos ao que pertence a rubioca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Estudiou historia e arte na Universidade de Varsovia. Profesor da Universidad de Caracas (1978) e da Temple University de Philadelphia (1988), entre 1959 e 1981 foi correspondente da axencia Polish Press en diversos países de América, Asia e África. Parte dos seus libros foron traducidos a máis de trinta idiomas e deles destacan: Bus po polsku (1962), O emperador (1978), O xa (1987), Ébano (1998) e o álbum fotográfico Desde África (2000). Doutor honoris causa pola Universidade de Silesia (1997), en 2003 obtivo o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid a partir do 20 de outubro de 1973. Cesou a súa edición en 1987. Subtitulouse “Revista satírica y neurasténica” e constituíu un fito no humor político da transición española xunto con Hermano Lobo e La Codorniz. Contou cos traballos dos humoristas máis destacados do momento. Ramón Tosas, Ivá, encargouse da revista na súa última etapa, cando a maior parte dos colaboradores xa marcharan, primeiro a Por Favor (1974) e logo a El Jueves (1977). Sufriu dúas suspensións administrativas en catro meses, o secuestro dun número e, o 20 de setembro de 1977, a explosión dunha bomba que puxo un grupo próximo á extrema dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Araúxo (Lobios). O seu cumio acada os 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO