Kapuscinski, Ryszard

Kapuscinski, Ryszard

Xornalista e escritor. Estudiou historia e arte na Universidade de Varsovia. Profesor da Universidad de Caracas (1978) e da Temple University de Philadelphia (1988), entre 1959 e 1981 foi correspondente da axencia Polish Press en diversos países de América, Asia e África. Parte dos seus libros foron traducidos a máis de trinta idiomas e deles destacan: Bus po polsku (1962), O emperador (1978), O xa (1987), Ébano (1998) e o álbum fotográfico Desde África (2000). Doutor honoris causa pola Universidade de Silesia (1997), en 2003 obtivo o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pinsk, Bielorrusia