"Araba" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 25.
-
PERSOEIRO
Licenciada na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e na de Musicoloxía pola Universidade de Oviedo. Realizou estudios musicais nos Conservatorios de Santiago de Compostela e da Coruña. En 1992 doutorouse coa tese El compositor italiano Buono Chiodi y su magisterio en Santiago de Compostela. Como investigadora destacan os seus traballos centrados na música da catedral compostelá, na transición do Barroco ao Clasicismo; nas relacións musicais hispano-italianas na segunda metade do s XVIII, nos aspectos sociais da historia da música e da historia da música galega. Conferenciante en numerosos congresos nacionais e internacionais, e membro de diversas sociedades e asociacións musicais como a Society International Musicologica. Colabora no The New Grove Ditionary of Music and Musicians e na edición do Dicionario de Música Española e Hispanoamericana. Ten publicado os libros: La capilla de música de la catedral de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio de Euskal Herria que constitúe unha provincia administrativa española integrada na Comunidad Autónoma Vasca (3.047 km2; 281.821 h [1996]). A súa capital é Gasteiz (Vitoria), sede tamén do goberno vasco. Un terzo do territorio é montañoso, mentres que a parte central e oriental constitúen unha gran chaira. Ao N, as serras Salvada, Peña de Gorbea, Elguea e Aizgorri fan de divisoria de augas entre a vertente cantábrica e a ibérica. A conca de Gasteiz, regada polo río Zadorra, ocupa o centro da rexión. Máis ao S atópase o condado de Treviño, municipio que constitúe un enclave integrado na provincia de Burgos (Castela e León). As serras do S, Cantabria, Toloña e Codes, son de formación xurásica. O clima é oceánico (800 mm de precipitación, 12°C de temperatura media anual). Durante 100 km, o Ebro fai de límite coa provincia de Burgos. Cultívanse cereais con poula e viña, patacas e árbores froiteiras. Gandería porcina. Industria agrícola (viño), de maquinaria agrícola e de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Designación xenérica dos polisacáridos de fórmula (C5H8O4)n formados por unidades de arabinosa unidas por enlaces glucosídicos. Moi estendidos nos vexetais, constitúen unha parte importante de moitas gomas (arábiga, de cerdeira e outras) e acompañan as pectinas nas membranas celulares das polpas e na pel de moitos froitos.
-
REXIÓNS
Rexión da Siberia Occidental, Rusia, limitada ao L e ao O polos vales do Ob’ e do Irtyš respectivamente, ao S pola estepa de Kulundina e ao N pola rexión de Vas’uganje. Chaira de 117.000 km2, está cuberta na súa maior parte pola vexetación propia da estepa, e conta con numerosos lagos, entre os que destaca o Chani, con 3.612 km2 de superficie. Os seus principais núcleos urbanos son Barabinsk e Tatarsk. A poboación autóctona é de orixe tártara. Dende o tempo dos tsares, e tamén no dos soviets, foi un dos lugares aos que se enviaban os disidentes políticos e os delincuentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Montaña da India, ao N de Gayā, onde existen uns hipoxeos de planta máis ou menos redonda, escavados nos gneis, datados no s III a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero da subfamilia dos bovinos, subespecie do búfalo asiático. Vive nas illas da Sonda e en Asia Menor, e foi introducido en Malaisia, Filipinas, Exipto, nos Balcáns, Hungría e Italia. Vive en estado doméstico dende a Antigüidade e emprégase especialmente como besta de carga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Precipitación de sarabia acompañada de vento frío do N.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tempo moi frío.
-
GALICIA
Xornalista. Foi redactor xefe de El Correo Gallego e La Noche, ademais de correspondente doutros diarios. Foi asesor informativo para Galicia e Asturias do ministerio de Agricultura e presidente da Asociación da Prensa de Santiago de Compostela. Escribiu Tratamiento periodístico sobre ferias y mercados agropecuarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, decorador e restaurador. Formouse con Xoán Xosé Cancela del Río na Real Sociedad Económica de Amigos del País e foi discípulo de Federico de Madrazo na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Rematados os estudios, instalou o seu estudo en Santiago (1852) e opositou, sen éxito, fronte a Modesto Brocos para a praza de debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos del País. Practicou unha pintura romántica e introduciu o costumismo en xéneros como o retrato, a paisaxe e a pintura relixiosa. A influencia de Madrazo reflitiuse nos seus retratos, xénero no que destacou; entre outros, cómpre salientar os do Cardeal Payá, o Cóengo Valenzuela, os Duques de Medinaceli e do Marqúes de Monroy, ademais da copia do retrato do Cardenal Cuesta de Dionisio Fierros. En 1858 con motivo da visita da Raíña Isabel II a Santiago de Compostela regaloulle unha acuarela do Pórtico da Gloria e en 1887 regalou dúas obras de tipos galegos ao Rei...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel López Garabal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
enaugadoiro.
-
-
Planta herbácea anual, pubescente, erecta, de 20 a 50 cm de altura, de follas estipuladas, imparipinnadas, cos folíolos ovais e fortemente serrados. As flores son azuladas, purpúreas ou brancas. Os froitos son legumes inchados que conteñen unha ou dúas sementes globosas, os garavanzos. Pouco esixentes en auga, o seu cultivo é apropiado en terreos áridos, especialmente nos pouco compactos. É orixinario da India e das costas do Mediterráneo.
-
Semente desa planta.
-
Pequeno díptero (2 mm de lonxitude) moi semellante á mosca común, pero con reflexos verdosos nas ás, que ataca o garavanzo, e deposita a posta nas súas follas, nas que, ao nacer, as larvas, ápodas e amareladas, constrúen galerías.
-
-
-
-
carabullo.
-
Instrumento de labranza con mango longo e tres ou máis dentes longos e curvados.
-
-
-
Facer manchas ou borranchos nun escrito ou debuxo.
-
Facer trazos mal feitos ou garabatos nunha superficie.
-
-
-
garabata.
-
Trazo ou debuxo imperfecto, como por exemplo as letras trazadas por unha man pouco habilidosa na escritura.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao S de Aranjuez (1.711 h [2001]). Posúe agricultura, cunha produción predominante de cereais e gandería. Destaca a elaboración de viños. Do seu patrimonio cultural destacan as ruínas do castelo de Valdecarábanos (s XII) e a igrexa de San Nicolás de Bari (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador. Arquitecto e profesor de debuxo. Formou parte do grupo de teatro independente Andrómena (1979-1981) e foi un dos creadores do Colectivo Xofre. Foi autor do cómic Cita na Habana (2000) e ilustrou diversos libros, como A formiga coxa (1990) de Marilar Aleixandre, Leonardo e os fontaneiros (1990) de Mª Victoria Moreno, A tribo ten catro ríos (1991) de Manuel María, O avión de Cangas (1992) de Darío X. Cabana, e A miña man na túa (1996) de Mariasun Landa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor rexionalista, fillo do escultor Reimundo López Pol. Coñecido como Manuel Garabal, formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago con Mariano Tito Vázquez, influencia que explica o tenebrismo das súas primeiras obras (A enredante, 1926; Sol entre carballos, 1946), e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde descubriu a luminosidade e a cor (Rapaz comendo mazás; O millo, 1934). O feito de que frecuentase o taller de Cándido Garabal foi de grande importancia para o seu desenvolvemento artístico. Aínda que expuxo no acto inaugural da Sociedade Galega de Amigos da Arte (1929), ese mesmo ano abandonou a pintura, afectado de tuberculose. Xa recuperado (1932) reiniciou a súa actividade, especialmente prolífica tralo remate da Guerra Civil Española (1936-1939). En 1941 obtivo o título na Escola Superior de Belas Artes e converteuse en profesor de Debuxo Lineal e Decorativa na Escola Elemental de Traballo en Santiago de Compostela. Deste ano data a...
VER O DETALLE DO TERMO