Alén Garabato, María Pilar
Licenciada na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e na de Musicoloxía pola Universidade de Oviedo. Realizou estudios musicais nos Conservatorios de Santiago de Compostela e da Coruña. En 1992 doutorouse coa tese El compositor italiano Buono Chiodi y su magisterio en Santiago de Compostela. Como investigadora destacan os seus traballos centrados na música da catedral compostelá, na transición do Barroco ao Clasicismo; nas relacións musicais hispano-italianas na segunda metade do s XVIII, nos aspectos sociais da historia da música e da historia da música galega. Conferenciante en numerosos congresos nacionais e internacionais, e membro de diversas sociedades e asociacións musicais como a Society International Musicologica. Colabora no The New Grove Ditionary of Music and Musicians e na edición do Dicionario de Música Española e Hispanoamericana. Ten publicado os libros: La capilla de música de la catedral de Santiago de Compostela. Renovación y apogeo de una etapa privilegiada (1770-1808) (1995) e Historia da Música Galega. Cantos, cantigas e cánticos (1997).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oza, A Coruña