arabana
arabana
s
f
[BIOQ]
Designación xenérica dos polisacáridos de fórmula (C5H8O4)n formados por unidades de arabinosa unidas por enlaces glucosídicos. Moi estendidos nos vexetais, constitúen unha parte importante de moitas gomas (arábiga, de cerdeira e outras) e acompañan as pectinas nas membranas celulares das polpas e na pel de moitos froitos.