Ara Solis
Ara Solis
Segundo unha lenda de orixe incerta, trátase dunha ara erixida polos caldeos co obxecto de honrar a divindade solar cando chegaron ás terras de Fisterra na procura do lugar onde o Sol se agochaba cando caía a noite. Así mesmo, a súa destrución atribúese á Raíña Lupa como consecuencia do abandono do paganismo, ou ao Apóstolo Santiago, quen a afundiu nas augas. Segundo algúns investigadores, de ser certa a existencia da ara, posiblemente fose un lugar de celebración de ritos de fecundidade.