Ara do Apóstolo
Ara do Apóstolo
Ara romana dedicada aos deuses lares que chegou intacta ata o ano 1601, cando o arcebispo Xoán de San Clemente, quizais aconsellado por Ambrosio de Morales y Oliva, decidiu borrar a inscrición por considerala de orixe pagá. Segundo a tradición trátase da lápida que os discípulos do Apóstolo levantaron sobre o seu sepulcro. Foi descuberta polo bispo Teodomiro no s IX. En virtude da Concordia de Antealtares pasou a ser propiedade dos monxes dese mosteiro.