"Arcadio" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Nome de home de orixe grega que significa ‘procedente da Arcadia’, rexión central do Peloponeso (Ảρκαδία).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (395-408). Fillo de Teodosio I o Grande, a quen sucedeu aos 17 anos de idade no trono imperial. Foi o primeiro Emperador do Imperio Romano de Oriente, creado polo seu pai coa finalidade de simplificar a administración imperial e facela máis eficaz descentralizándoa de Roma. Fixou a capital en Constantinopla e estivo moi dominado polos círculos cortesáns. O seu reinado mantivo certa estabilidade grazas á actuación de Antemio, quen fortificou a fronteira do Danubio para defendela dos hunos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián de Mauritania. Tivo que agocharse para fuxir da persecución do Emperador Valeriano pero, ao se enterar de que pola súa causa prenderan un parente seu, decidiu presentarse perante o tribunal. Como castigo recibiu tormento con garfos e fóronlle amputandos todos os membros. A súa festividade celébrase o 12 de xaneiro, o 4 de marzo e o 13 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Emigrou de neno a Bos Aires pero regresou para estudar enxeñería en Madrid, carreira que abandonou. Ligado á corrente do modernismo, a súa obra caracterízase por estar cargada de simboloxía. Colaborou en La Esfera. En 1913 participou nunha exposición de artistas galegos organizada polo centro galego de Madrid, e ao ano seguinte, no salón de humoristas. Presentou tamén dous debuxos á exposición rexional de 1917. En 1935 regresou á Arxentina, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Doutor en Filoloxía Hispánica e profesor da Universitat de València, foi membro destacado das Festas Minervais, en que resultou premiado en diversas ocasións. Polo seu poemario Mesteres (1976), está considerado como un dos autores que abre a poesía de signo realista ás liñas de renovación da lírica galega no último cuarto do s XX. Colaborador asiduo de La Noche e doutras publicacións periódicas, a súa obra destaca polo relevo dos mundos mítico-simbólicos e a plenitude expresiva que acada a palabra poética. Da súa produción destacan os poemarios Sonetos de espranza presentida (1965), Palabra de honor (1967), Retratos pra tempos de pouca luz (1968), Memoria dunha edá (1976), Liturxia do corpo (1983), Antología personal (1987) e Noite do degaro (1994), máis a recompilación do seu traballo poético Do tempo posuído (2003). No ámbito da teoría, a crítica e a historia literaria...

    VER O DETALLE DO TERMO