"Ardán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 20.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político vasco. Figura destacada do movemento cooperativista de Euskadi, incorporouse ás xuventudes nacionalistas (ECI) no 1961, e ao EAJ-PNV no 1979. Alcalde de Arrasate (1979-1983) e deputado xeral de Gipuzkoa (1983), foi elixido lehendakari (presidente do goberno vasco) trala demisión de Carlos Garaicoetxea (1985), foi reelixido en 1987, 1990 e 1994. Retirouse da vida política en 1998 ao rexeitar presentarse á reelección nos comicios do 25 de outubro. Logo das eleccións de 1986 e ata a súa retirada, os gobernos que presidiu foron sempre en coalición co PSOE, con Euskadiko Eskerra e con Eusko Alkartasuna (escisión do PNV liderada por Carlos Garaicoetxea ata novembro de 1999). Durante os seus anos de goberno esforzouse en conseguir a paz no País Vasco. Froito dos seus esforzos nese eido foi o Pacto de Ajuria Enea (12.1.1988), que se converteu nun foro de debate de todos os partidos con representacións nas institucións vascas, agás Herri Batasuna. Tamén promoveu o Pacto de Lizarra, asinado...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
amores.
-
LAGOAS
Lagoa da parroquia de Loentia (concello de Castro de Rei), no límite coa de Xustás (Cospeito). Está situada sobre as terrazas pleistocenas do río Lea, afluente do Miño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parroquia do concello de San Sadurniño baixo a advocación de santa María.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que queda fóra do escollido ou sinalado, tomado como excepción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xunta universal do tipo máis simple que consta de dúas pezas en forma de forcado, cada unha montada sobre un dos extremos de cada árbore, e unha cruceta. Fai posible a transmisión dun movemento entre dous eixes que non están alineados.
-
PERSOEIRO
Médico, matemático e astrólogo italiano. Licenciouse en Medicina en Padua (1526) e residiu dende 1532 en Milán. En 1541 foi nomeado catedrático de Medicina en Pavia e en 1562 en Boloña. En 1570 foi encarcerado, acusado de herexía e obrigado a abxurar privadamente. Formou parte do grupo renacentista que fundamentou a álxebra simbólica. Na súa obra Arts Magna (Arte Magna, 1545) solucionou a ecuación de terceiro grao a partir da fórmula de Tartaglia e a ecuación de cuarto grao a partir da fórmula do seu discípulo Ferrari; tamén presentou o primeiro cálculo sistemático de probabilidades en Lieber de ludo aleae. En medicina describiu o tifo exantemático, estudiou o tratamento da sífilis e investigou sobre os soños e as determinacións do carácter polos trazos faciais. No campo da mecánica atribúeselle a invención do sistema de articulación e de suspensión coñecido como cardán que lle permite a un obxecto conservar sempre a horizontal. Ademais, publicou De subtilitate...
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra de San Mamede que serve de límite entre as parroquias de Rebordechau (concello de Vilar de Barrio), Gabín (concello de Montederramo) e Castro de Laza (concello de Laza). Situado no eixe axial da serra, o seu cumio acada os 1.507 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito situado entre Europa e Asia que une o Mar Exeo co de Mármara. Esténdese de SO a NL ao longo de 60 km, cunha profundidade media de 55 m. Xunto co mar de Mármara e o estreito do Bósforo, facilita a comunicación entre o Mar Mediterráneo e o Mar Negro. As cidades máis importantes do estreito son Gelibolu, na parte europea, e Çanakkale (53.900 h [1990]), na parte asiática. A navegación é dificil polos fortes ventos, así como a frecuente néboa. Historicamente, tivo sempre importancia estratéxica e foi escenario de numerosos conflitos bélicos que buscaban o dominio do tráfico comercial entre Europa e Asia (entre as escuadras de bizantinos e venecianos, e as de rusos e turcos), e de conflitos internacionais polo libre tránsito dos barcos, que enfrontaron os turcos e as potencias europeas na Cuestión dos Estreitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación militar aliada contra Turquía que se desenvolveu en 1915 coa intención de comunicarse con Rusia e forzar o abandono de Turquía da Primeira Guerra Mundial. Os desembarcos de Gallípoli e o ataque a Selddülbahir foron neutralizados polos turcos, comandados por Mustafà Kemal e Liman von Sanders. Os aliados retiráronse o 20 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Destrución voluntaria da produción ou dos excedentes, practicada normalmente en réxime de monopolio para evitar a desvalorización das mercadorías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe antigo, fillo de Zeus e Electra, que fundou a cidade de Troia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Chairas de Fardán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santo Estevo de Tremoedo (Vilagarcía de Arousa). En estado ruinoso, pertenceu a unha fortaleza vinculada co pazo de Figueroa. Ten pedra de armas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fiorde da costa sudoccidental de Noruega, no fylke de Hordaland. Ábrese cara ao interior nunha lonxitude de 180 km.
-
CIDADES
Cidade da provincia da Fronteira do Noroeste, Paquistán, situada ao N do río Kalpāni (244.511 h [1998]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Danza e música popular catalá que se compón de dúas partes: unha curta e outra longa. Os bailadores, collidos das mans e formando círculo, de cara ao centro e movéndose de lado, marcan os compases da música cos pés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de tardar.