"Arenteiro" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • RIOS

    Río afluente do Avia. Nace na Pena de Francia, a 840 m de altitude. Recibe pola esquerda ao Oseira e pasa pola vila do Carballiño. Desemboca no Avia na parroquia de Pazos de Arenteiro, a 104 m de altitude logo dun percorrido de 33 km en dirección NL-SO, nos que drena unha conca de 185 km2 achegando un caudal de 4,5 m3/s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista xurdida en novembro de 1931 en Bos Aires e subtitulada “Publicación Oficial de la Sociedad Hijos del Partido de Carballino”. Dirixida por Modesto García, contaba coas colaboracións de Ramón Cabanillas e E. Pardo Bazán, xunto con outros xornalistas, escritores e políticos. Informaba sobre temas relacionados coa emigración galega e sobre as actividades do centro, amais de conter datos culturais e reproducións de poemas de Pondal, Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Francisco Añón e outros poetas consagrados. Na prosa destacan narracións de Lamas Carvajal e ensaios de Salvador Cabeza de León e Manuel Murguía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada sobre o río Arenteiro na parroquia de Barrán, do concello de Piñor de Cea. Trátase dunha ponte, cun van, con bóveda de sillería de medio punto e rasante horizontal. Posiblemente dos séculos XVII ou XVIII. Forma parte do antigo Camiño Real que unía Ourense con Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada no Carballiño a partir de 1910 e subtitulada “Primer periódico de Carballiño”. Contaba coa colaboración de Carlos Llopis, Xosé Mª González, Emilio Canda, Marcial Nóvoa e Ramón Pousa. De periodicidade semanal, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Noticiero del Avia. Trátase dun periódico de información xeral que atendía fundamentalmente os concellos do Carballiño e San Cristovo de Cea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boborás baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto arquitectónico situado en Boborás. Está formado pola igrexa de San Salvador e os pazos de Casa de Arriba, Casa e Granxa do Mato, Cervela, O Currelo, Feixó, Laxas e Tizón. A igrexa, que pertenceu á orde de Malta, é románica cunha soa nave e ábsida semicircular, cuberta con bóveda de medio canón no tramo recto e bóveda de cuarto de esfera no curvo. Foi declarado BIC en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Arenteiro (Boborás). Datada nos ss XII-XVI, trátase dunha ponte de cantaría con arcos de medio punto, desaugadoiro alintelado e rasante lixeiramente alombada. Ten dous vans. Está situada no antigo camiño do Ribeiro a Pontevedra e Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO