Pazos de Arenteiro
Pazos de Arenteiro
Conxunto arquitectónico situado en Boborás. Está formado pola igrexa de San Salvador e os pazos de Casa de Arriba, Casa e Granxa do Mato, Cervela, O Currelo, Feixó, Laxas e Tizón. A igrexa, que pertenceu á orde de Malta, é románica cunha soa nave e ábsida semicircular, cuberta con bóveda de medio canón no tramo recto e bóveda de cuarto de esfera no curvo. Foi declarado BIC en 1973.